Mari Carmen Barra: "Mi hijo siempre nos decía que si le pasaba algo, donáramos todos sus órganos y así algo queda aquí"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A Pontevedrada deste 2016 volveu ser todo un éxito. Participaron máis camiñantes que nunca e todos levaron presente durante o percorrido as palabras de Mari Carmen Barra. Ela é a nai de Jonás Brito, un mozo que con 17 anos perdía a vida en Vigo. O seu fillo, afectado por un aneurisma cerebral, pedíralle que doase todos os seus órganos no caso de que falecese. E así o fixo. Agora, Mari Carmen, integrante da Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI) fai un chamamento a todas as persoas para que tamén cedan os seus órganos para, desta forma, salvar vidas.
"Me parece que la gente se está concienciando. Es necesario que sepamos que la línea entre la vida y la muerte es invisible y, en cualquier momento, necesitamos dar o recibir órganos". A nai de Jonás leva acudindo ás últimas edicións da Pontevedrada para transmitir esta mensaxe. Moi preto dela atópase Ángela Lemiña, unha moza que superou un dobre transplante de pulmón hai apenas uns meses grazas a unha doazón.
Mari Carmen Barra pídelle aos familiares das persoas falecidas que non teñan reparos en doar. "El cadáver queda igualito que si no le retiraran los órganos", afirma con seguridade. E sinala que a satisfacción que produce comprobar como outras familias non sofren o que ela sufriu coa perda do seu fillo é incrible. "De esta forma, sabes que su pérdida no fue en balde. Algo queda aquí", conclúe.
Precisamente, os camiñantes que chegaron á Praza do Obradoiro foron recibidos pola directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López, que destacou a importancia deste tipo de iniciativas para concienciar sobre a importancia das doazóns altruístas.
A marcha solidaria estreou ademais o seu himno este sábado.