Árbores e beirarrúas novas para a rúa Infantería de Marina
Por Redacción
Unha actuación conxunta das concellerías de Servizos e Medio Ambiente permitiu a reposición das beirarrúas na rúa Infantería de Mariña de Portonovo. As raíces das árbores ornamentais situadas nesta rúa provocaron o levantamento de numerosas lousas, convertendo en perigo para os peóns o seu tránsito polas beirarrúas.
Por iso, a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Coral González-Haba, decidiu substituír as árbores que se atopaban neste tramo de beirarrúa por unha especie, o Cercis Siliquastrum, cuxo crecemento é máis lento e con desenvolvemento radicular vertical, é dicir, cuxas raíces se prevé que non xerarán o mesmo problema nas beirarrúas.
Paralelamente á substitución das árbores, a Concellería de Servizos, que dirixe Maxi González, realizou unha actuación na beirarrúa, eliminando as lousas rotas e devolvéndolle á mesma un nivel uniforme que garante a seguridade dos viandantes.