Que fan en Pontevedra, Bárcenas, Urdangarín, De Guindos ou Rajoy?
Por Oskar Viéitez
Bárcenas, Urdangarín, De Guindos, Cospedal, Rajoy, Louzán, Montoro, e outros tantos políticos de primeira liña nacional protagonizaron este xoves a carnavalesca concentración dos funcionarios da Xunta de Galicia.
Obviamente non falamos dos políticos de carne e óso senón da súa imaxe, convertida en careta que portaban os empregados públicos da administración autonómica que se concentraron na hora do café contra os recortes do Executivo central.
Levan facendo esta protesta desde hai meses pero nesta ocasión, a proximidade do Entroido brindou a escusa perfecta para ambientar a súa protesta.
Ademais das personaxes xa citadas estaban outras coma Arenas, Sáez de Santamaría, Gallardón, Ana Mato, e todos con sobres e billetes de cincocentos euros na man "con estas pintas deberiamos rirnos, pero a verdade é que a situación é para chorar", apuntou un dos participantes nesta curiosa movilización.