Denunciado por aparcar nunha praza reservada para discapacitados usando a copia dun cartón que atopou nun coche
Por Natalia Puga
A Policía Local de Pontevedra denunciou nos últimos días un home por usar de xeito fraudulento unha tarxeta de reserva de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e por un presunto delito de falsidade documental tras ser sorprendido aparcando un coche nunha praza reservada para persoas con discapacidade usando unha tarxeta da que non era titular e da que, de feito, usaba unha copia que lle fixera a unha que atopara nun coche.
Segundo informou a Policía Local, todo se remonta ás 16.00 horas do xoves 14 de abril. Unha patrulla observou un vehículo todoterreo estacionado nunha praza reservada para persoas con mobilidade reducida da rúa Benito Corbal e chamoulles a atención que tiña elementos de seguridade que non correspondían coa marca e modelo de coche en cuestión, de modo que comezaron a facer indagacións.
O vehículo tiña no cadro de mandos unha tarxeta de estacionamento que o acreditaban para estacionar en prazas reservadas, de modo que os policías puxéronse en contacto co titular desa tarxeta. O home, veciño de Vilagarcía, indicou que non sabía quen era o condutor nin o propietario do coche aparcado neses momentos en Pontevedra.
Constatada a irregularidade, a Policía Local realizou unha denuncia administrativa por estacionamento irregular e o vehículo foi retirado polo guindastre municipal e trasladado ao parque. Pouco despois, chegaron ao lugar dous homes, un deles asegurando ser o condutor do coche retirado e pedindo explicacións moi alterado.
Nun primeiro momento, o home aseguroulles aos policías que el era o titular da tarxeta e quen a colocara no vehículo, pero, cando se lle requeríu a tarxeta para realizar comprobacións, xa cambiou a versión e dixo que tiña un amigo que tiña unha tarxeta e que se confundira. Ademais, nese momento entrou en escena unha segunda persoa, que o acompañara ao parque e que dixo ser o dono tanto do coche denunciado como dun Volkswagen Golf no que se desprazaron ao parque.
Os policías realizaron comprobacións e localizaron nese Golf unha nova tarxeta para persoas con mobilidade reducida, que tiña o mesmo titular que a anterior, da que xa se comprobara que se estaba a facer un uso fraudulento. En ambos os dous casos, tratábase de fotocopias, non da tarxeta orixinal.
A Policía Local de Pontevedra procedeu a intervención das dúas tarxetas e levantou un atestado por un presunto delito por falsidade documental que foi remitido ao xulgado de garda. Ademais, realizáronse xestións que permitiron chegar á hipótese de que as tarxetas foron fotocopiadas aproveitando que o titular da mesma a deixara nun vehículo que lle prestaron mentres non lle entregaban un vehículo que mercara.
Relacionadas:
-
Denuncian unha empresa de transporte por levar persoas en cadeira de rodas sen medidas de seguridade
Por Redacción |
-
Amizade felicita a Policía Local polo control do uso incorrecto da tarxeta de discapacidade para aparcar
Por Redacción |
-
Finxe unha coxeira ao ser sorprendido pola Policía usando fraudulentamente un cartón para persoas con discapacidade
Por Oskar Viéitez |
-
Un conductor sen discapacidade, sorprendido aparcando cun cartón caducado en 2009
Por Redacción |
-
Denuncian o uso das prazas para discapacitados como aparcadoiros de carga e descarga
Por Redacción |
-
Pillada unha veciña que usaba fraudulentamente unha tarxeta de discapacitado para aparcar
Por Redacción |
-
Denuncian tres condutores que aparcaban irregularmente en zonas reservadas para discapacitados
Por Redacción |
-
Denuncian un home que utilizaba a tarxeta da súa muller falecida para aparcar en prazas para discapacitados
Por Redacción |
-
Denunciada por aparcar en prazas para persoas con discapacidade usando a tarxeta da súa nai morta
Por Natalia Puga |
-
Denunciada por estacionar repetidamente usando a tarxeta para persoas con mobilidade reducida do seu fillo
Por Redacción |
-
315 euros de sanción por aparcar reiteradamente nunha praza para discapacitados para ir a traballar
Por Diego Espiño |