Un millar de escolares de Pontevedra gozan dun menú con Estrela Michelin
Por Mónica Patxot
Máis de 1.000 escolares de Pontevedra degustaron este xoves un menú elaborado polos prestixiosos cociñeiros do Grupo Nove, Beatriz Sotelo e Xoan Crujeiras, posuidores dunha Estrela Michelín. Os dous cociñeiros traballaron man a man cos equipos de cociña de Serunión nas receitas e a presentación dos pratos.
En concreto, o menú de hoxe estivo composto por unha crema suave de espárragos trigueiros con lascas de queixo do país, de primeiro e por un xamonciño de pito en salsa de mazá con arroz, uvas, pasas e espinacas, de segundo.
O pasado mes de novembro, data na que se iniciou o proxecto, o primeiro prato consistiu nunha crema de xudías verdes con allada galega de primeiro e lombo de porco braseado en salsa de laranxa e castañas con patacas panadeira de segundo.
POÑER EN VALOR A GASTRONOMÍA GALEGA
O obxectivo desta iniciativa, que se está desenvolvendo ao longo de todo o curso, é poñer en valor a gastronomía galega como un dos eixos fundamentais da dieta dos comedores escolares e mellorar os hábitos alimenticios dos estudantes, así como achegar a alta cociña, os valores dos produtos galegos e a tradición gastronómica da rexión aos máis pequenos.
Con este proxecto, Serunión reforza os seus dúas principais liñas de traballo nos seus comedores escolares: educar en hábitos alimenticios saudables e ofrecer aos seus comensais unha alimentación sa e equilibrada, baseada nos produtos locais e nos valores da gastronomía galega.