O Concello de Marín lembra que está prohibida a presenza de cans nas praias
Por Redacción
Coa esperada chegada do bo tempo, o Concello de Marín lembra que, tal e como vén recollido na ordenanza de Medio Ambiente, está prohibida a presenza de mascotas nas praias entre o 1 de Abril e o 14 de xuño desde as 12 da mañá ás 21.00 horas.
A concesión das bandeiras azuis e as propias normativas municipais exclúen, de forma expresa, a presenza de cans nas praias, aínda no caso de que vaian con correa.
A partir do 15 de xuño ata o 15 de setembro a prohibición será total.
En ambos os casos exclúense os cans lazarillo ou de axuda a persoas con algún tipo de discapacidade.
En Marín cinco das praias teñen bandeira azul ou aspiran a tal galardón este verán: Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e Santo do Mar. A concesión da bandeira azul esixe que non haxa cans nas praias. É un requisito irrenunciable.
Os cans non poderán pasearse, correr, nin bañarse nas praias de Marín nestas franxas horarias. A Policía Local multará aos donos de cans que leven mascotas á praia fóra dos límites que figurarán nos regulamentos municipais e as sancións poden ascender ata os 750 euros.