Louzán asegura que no caso Bárcenas "o PP está dando a cara e con absoluta transparencia"
Por Oskar Viéitez
O presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, Rafael Louzán, referiuse ao "caso Bárcenas" para mostrar a súa convicción de que o seu partido "está dando a cara e con absoluta transparencia".
"O PP e o partido maioritario da xente, e coma en todas a formacións políticas as veces hai problemas", dixo Louzán ó falar dos papeis do ex tesoureiro do Partido Popular. Unha crise interna que "eu creo que o PP está afrontando con claridade e transparencia en relación a uns temas colaterales", afirmou Louzán.
Nese sentido o mandatario provincial cre que "hai que agradecer a sinceridade e o grado de transparencia que está mostrando o Partido Popular" e indica que "agora mesmo, ningunha opción política, e menos o Partido Socialista, e quén de dar lección a nadie neste sentido".
Ademáis Rafael Louzán amósase convencido de que "aos cidadáns o que lles preocupan son os seus problemas: o paro, o peche de empresas, etc".
O presidente popular pontevedrés afirma que "hai un aspecto positivo, polo menos as contas públicas están en orde, que é o que este partido defendeu desde un principio, xa non se fala da prima de riesgo. E certo que hai outras cousas nas que temos que trasladar a mellor imagen e para iso estamos traballando día a día", concluiu.