O traslado a Cotobade do centro de recuperación da fauna silvestre de Cotorredondo, optimización ou despilfarro?
Por Oskar Viéitez
A deputada socialista Carmen Gallego cualificou este xoves de "despilfarro de recursos públicos" o traslado do Centro de Recuperación da Fauna de Cotorredondo ao Concello de Cotobade, e que "ademais xa estaba planificado dende 2013".
Carmen Gallego reclamoulle ao goberno e ao PP que "pensen en novos investimentos e non en desvestir un santo para vestir a outro", e acusounos de "enganar" ao utilizar o traslado do centro como "pírrico beneficio" a cambio da fusión anunciada recentemente.
A deputada socialista presentou unha proposición non de lei en comisión para manter o centro e recuperar o parque medioambiental, que foi vetada polo PP.
Pola súa banda o Partido Popular afirma que o traslado do centro de Cotorredondo a unha finca propia da Xunta en Cotobade "permitirá optimizar medios materiais e persoais"
O portavoz de Conservación da Natureza, Gonzalo Trenor, lamentou que a comunidade de montes non contestara á proposta da Administración de prorrogar a cesión dos terreos por cinco anos.
Ademais, Gonzalo Trenor lembrou que pretendían incluír no acordo a creación dun xardín botánico no lago Castiñeiras por un importe superior ao millón de euros e xestionado por unha fundación privada.
Relacionadas:
-
A Deputación concederá unha axuda para crear o parque forestal Miradoiro de Cotorredondo
Por Redacción |
-
Medio Ambiente licita por 700.000 euros a construción do centro de recuperación de fauna silvestre en Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta e o Concello de Cotobade asinan o convenio para mellorar o saneamento de Tenorio
Por Redacción |
-
A Xunta toma nota das deficiencias do Lago de Castiñeiras despois de facer unha inspección ao parque
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta comprométese a mellorar o ámbito natural de Cotorredondo
Por Redacción |
-
O Parlamento rexeita facer un estudo sobre a fusión de Cerdedo e Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
AGE reclama no Parlamento "unha solución satisfactoria" para o parque forestal de Cotorredondo
Por Redacción |
-
Críticas á marcha do Centro de Fauna Salvaxe de Castiñeiras para Cotobade
Por Redacción |