A ampliación da EDAR de Praceres é, para as Mareas, a "acta de defunción" da ría
Por Redacción
O anuncio de Núñez Feijóo sobre o investimento de máis de 15 millóns de euros para a ampliación da EDAR de Praceres, avanzado este martes por PontevedraViva, causou un profundo malestar nas Mareas da ría -Pontevedra, Marín e Bueu.
Todas elas, xunto co partido que lles representa en Santiago e Madrid, En Marea, afirmaron que este proxecto supoñerá a "acta de defunción" da ría pontevedresa.
Esta ampliación, sinalan nun comunicado, impulsará "aínda máis" a destrución desta contorna natural.
Lembran que a acumulación das augas residuais de máis de 120.000 habitantes nun único núcleo fai "imposible" a depuración, quedando o proceso reducido á acumulación e posterior vertedura destas augas a través dun emisario, "provocando un dano ecolóxico irreparable".
"A ampliación desta aberración non é ningunha solución, senón un incremento do problema" sinalan as Mareas, que reiteran que o único proxecto viable é a implantación de microdepuradoras que dean servizo a núcleos máis pequenos, evitando a sobrecarga da estación de Lourizán.
Para En Marea, sinala a súa deputada Ángela Rodríguez, esta concesión é a "irmá pequena" da concesión á "pantera" de Ence e esixe a Núñez Feijóo que rectifique "e dun paso atrás nesa decisión".
Relacionadas:
-
A nova depuradora de Praceres tamén será cousa de ENCE
Por Redacción |
-
Moreira celebra a ampliación da depuradora e acusa a Lores de "desentenderse" do saneamento
Por Redacción |
-
Para o Concello, o anuncio da ampliación da EDAR son "foguetes" de Feijóo
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo confirma a ampliación da EDAR de Praceres
Por Alejandro Espiño |
-
As mareas de Pontevedra, Marín e Bueu, unidas para pedir unha alternativa á EDAR de Praceres
Por Diego Espiño |