O Concello de Poio, tinguido de azul para concienciar sobre o autismo
Por Redacción
Durante toda a fin de semana o edificio da Casa Consistorial do Concello de Poio permanece iluminado de cor azul, para sumarse aos actos do Día Mundial pola Cincienciación sobre o Autismo.
Con este acto, o Concello colabora co Policlínico EBAM na sensibilización e normalización das persoas diagnosticadas de autismo e o apoio aos seus familiares.
Xunto á iluminación, no Concello loce unha pancarta co lema "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo".
O día mundial celebrouse este sábado 2 de abril, pero o goberno local de Poio decidiu ampliar a iniciativa ata o luns día 4.