A Deputación comprométese a ser "inclusiva, tolerante e respectuosa" no Día Mundial do Autismo
Por Redacción
A presidenta provincial, Carmela Silva, recolleu este venres a testemuña da campaña do día mundial da concienciación sobre o autismo, declarado polas Nacións Unidas, que se celebra o 2 de abril.
Fíxoo tras protagonizar unha concentración xunto ao resto de membros da corporación da Deputación e en compañía do presidente da asociación BATA, Fausto García.
Ao participar na campaña, a institución provincial comprométese a ser "inclusiva, tolerante e respectuosa coas diferenzas, porque todos e todas somos diferentes e todos e todas temos o dereito á igualdade de oportunidades", sinalou Carmela Silva.
"El lema de este año es Inclusión, Tolerancia y Respeto, y creo que se resume en una sóla palabra, reconocimiento", sinalou á súa vez Fausto García ao defender que "reconocer la diferencia, que la diversidad es un valor hace que las personas con autismo dejen de tener el apellido del autismo y pasen a ser ciudadanos de pleno derecho".
A asociación BATA traballa "con las familias y prestando apoyo a personas con autismo", explicou o seu presidente tras a concentración celebrada na entrada do Pazo Provincial.