Pillada unha veciña que usaba fraudulentamente unha tarxeta de discapacitado para aparcar
Por Redacción
Unha nova intervención da Policía Local de Pontevedra acabou coa denuncia por uso fraudulento do uso das tarxetas de estacionamentos para persoas con discapacidade.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, dende hai tempo os axentes municipais tiñan sospeitas de que unha veciña estacionaba en zonas de reserva de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e puidera estar facendo un uso indebido da citada tarxeta.
O pasado 29 de marzo, novamente a Policía Local observou que este vehículo atopábase estacionado nunha zona reservada para persoas con mobilidade reducida, e ben visible a tarxeta correspondente, na praza de Barcelos, preto do lugar de traballo da condutora, que a utilizaba con frecuencia.
Tras as xestións realizadas, a Policía Local de Pontevedra puido constatar que o titular da tarxeta atopábase internado nun centro de Lugo.
Sobre 09:00 horas deste mércores, novamente este vehículo estacionó na reserva de prazas para persoas con mobilidade reducida, polo que, unha vez constatado un uso indebido da tarxeta, os axentes procederon á correspondente denuncia e á retirada do vehículo polo guindastre municipal.
Posteriormente, a condutora foi identificada e denunciada, retirándolle a tarxeta. Así mesmo deuse conta á autoridade que expediu a tarxeta para a apertura do expediente correspondente e, no seu caso, acordar a revogación da mesma.
A pesar dun especial seguimento de control por parte da Policía Local de Pontevedra, as denuncias por estacionamento non autorizado en reservas para persoas con mobilidade reducida representan o 1.7 % do total das denuncias. (210 de 12.416 ano 2015).
Con todo estes datos veñen a poñer de manifesto a solidariedade que ten a cidadanía de Pontevedra, e que feitos deste tipo crean malestar, especialmente entre as persoas integrantes de dito colectivo.
Por parte da Policía Local agradécese unha vez máis a colaboración cidadán na denuncia de feitos similares e, a pesar da dificultade que entraña a súa verificación, se seguirá vixiando.
Relacionadas:
-
Finxe unha coxeira ao ser sorprendido pola Policía usando fraudulentamente un cartón para persoas con discapacidade
Por Oskar Viéitez |
-
Un conductor sen discapacidade, sorprendido aparcando cun cartón caducado en 2009
Por Redacción |
-
Denunciado por aparcar nunha praza reservada para discapacitados usando a copia dun cartón que atopou nun coche
Por Natalia Puga |
-
Denunciada por aparcar en prazas para persoas con discapacidade usando a tarxeta da súa nai morta
Por Natalia Puga |