Francino: "Eu descubrín Galicia hai dez anos por Pontevedra e sentinme moi parvo e moi mal por non telo feito antes"
Por Oskar Viéitez
"Visitei por primeira vez Pontevedra de noite, paseamos polo casco histórico, foi hai moitos anos. Xa sei que é un clásico dicir que o que máis me gusta é o casco antigo", sorrí.
ÿ Carles Francino, o xornalista actualmente encargado de presentar e dirixir La Ventana na Cadena Ser. Aténdenos en Fitur e falamos de Pontevedra.
"Somos uns ignorantes", confesa "eu descubrín a Galicia hai agora uns dez anos, digo descubrila que é coñecela un poquito en serio, e Pontevedra foi unha das sorpresas"
"ÿ unha cidade pequecha, de peto e con encanto, que é como a min gústanme as cidades. Son pouco urbanita, son máis de campo, de natureza, de lugares recolleitos, pero as cidades teñen que ser de peto e manexables para min".
Explícanos a súa primeira vez en Pontevedra: "vina de noite e logo volvín ao cabo dun par de días, porque é distinto. Do mesmo xeito que Santiago din que hai que vela de noite e chovendo pois igual pasou con Pontevedra. ÿ un paseo agradable".
Con todo Francino non é capaz de recordar o programa do Hoy por Hoy que fixo na cidade do Lérez "Non fixemos nunca ningún programa, polo menos eu, creo que non. Si? Eu fixen un? Seguro? Pois fíxate como teño a memoria xa", descúlpase. E é que Francino pasou páxina tras pechar a súa etapa polas mañás na SER. Hai uns días acaba de cumprir cen programas á fronte de La Ventana.
O que en principio se entendeu un castigo pola súa falta de influencia foi tomado con humor, o que describe a súa personalidade. O seu propio equipo non dubidou en facer bromas sobre o asunto como a de Xavi Puig do Mundo Today quen soltou en antena que os cambios na programación da Cadena SER "librarán a Francino por fin dos madrugóns" e, polo tanto, puido recuperar "o costume do polvo mañanero que non practicaba dende hai anos e que figura na Declaración Universal dos Dereitos do Home e do Cidadán".
"Segue a ser unha das terras eu creo que relativamente descoñecidas neste país"
Saímos ao encontro de Francino en Fitur onde está vendendo Andalucía. Dende esta experiencia apúntanos que Pontevedra é "moi fácil de vender turísticamente". "Galicia, en xeral, segue a ser unha das terras eu creo que relativamente descoñecidas neste país. Porque o tópico da choiva, o mal tempo e esas tonterías que dicimos ás veces non contribúen".
A visión de Galicia "e Pontevedra en concreto" que ten Carles Francino é a de "un país plural, con matices", e subliña que as rías son extraordinarias, son un mundo, as praias, o mar".
"Eu descubrín Galicia hai dez anos por Pontevedra e sentinme moi parvo e moi mal por non telo feito antes, pola cousa aquela de que non fai bo tempo e tampouco hai moito que ver? Como que non? ÿ unha terra fantástica".