Oito asociacións reciben o seu local social na Casa Azul
Por Diego Espiño
A concellería de Benestar Social fixo entrega dos locais sociais que oito asociacións da cidade utilizarán na Casa Azul.
O proxecto, bautizado como "Hedra", pretende encher de actividades estas instalacións ao mesmo tempo que satisfai a demanda de espazo de colectivos sociais para poder desenvolver o seu traballo.
A Casa Azul ofrece os seus recursos a estas entidades a cambio de que estas ofrezan diversas actividades abertas ao público, como charlas informativas, proxeccións, formación en lingua de signos, campañas de sensibilización ou orientación e axuda para a poboación en xeral.
Forman parte do "Proxecto Hedra" o Colectivo de Afectados de Fibromialxia (CAF), Asociación Galega de Lupus, Alcólicos Anónimos, Asociación Galega de Axuda á Adopción (Manaia), Federación de Xordos de Galicia, Asociación Cultural Trepia e Asociación Cultural Black Box Project.