Cruceiro de instrución abordo do Juan Sebastián de Elcano
Por Oskar Viéitez
O buque-escola "Juan Sebastián de Elcano" atracou en Funchal, capital da illa de Madeira, coincidindo co ecuador do cruceiro piloto de instrución de gardamarinas e alumnos de marinería da Armada.
O velero da Armada partiu desde San Fernando (Cádiz) o 9 de xaneiro para recoller aos alumnos en Marín e comezar a súa viaxe de instrución desde esta localidade pontevedresa o día 16. Desde que partiu da súa base, o buque percorreu xa máis de 1.600 millas náuticas.
Durante os quince días que levan embarcados, os alumnos recibiron clases teóricas e prácticas dos seus respectivos plans de estudo. Entremezclaronse as observacións astronómicas que realizan os gardamarinas co sextante, e as prácticas con chifle (silbato co que se ordenan as manobras) e bandeiras de sinais que levan a cabo os aspirantes a cabo e cabo primeiro da Escola de Manobra.
Tamén recibiron adestramento de navegación de precisión e fondeo, exercicios de seguridade interior, manobra de velas, clases de nós e manexo de embarcacións. Para un alumno da especialidade de manobra da Estación Naval da Graña, sita en Ferrol, o embarque no "Elcano" estalle supoñendo poder poñer en práctica a maioría dos ensinos propios do seu oficio.
Ademais, o día a día a bordo, as gardas e o manexo dun buque a vela das características do "Elcano" están supoñendo xa de seu un ensino. Un exemplo foi o temporal ao que tivo que facer fronte o barco nos primeiros días de crucero, con rachas de vento de ata 65 nós e escoras de máis de 20º con mar arborada.
Relacionadas:
-
Escala do Buque Escola "Creoula" da Mariña de Guerra de Portugal en Marín
Por Redacción |
-
Bicos, aclamacións e apertas á chegada de Elcano a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
O "Elcano" finalizará o sábado en Marín o seu 84 cruceiro de instrución
Por Oskar Viéitez |
-
O portahelicópteros Juan Carlos I recibe os alumnos da Escola Naval para a súa instrución de fin de curso
Por Redacción |
-
Con 86 anos e sen pensar na xubilación
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Cinco minutos de móbil cada tres días
Por Oskar Viéitez |