Espectacular saída de vía en Poio
Por Oskar Viéitez
Segundo informa o 112 Emerxencias Galicia ás 17:32 horas tiveron noticia dun accidente no Vial Norte (V.G. 4.8) a estrada que une Poio coa parroquia pontevedresa de Campañó.
O accidente consistiu nunha saída de vía dun vehículo todoterreno á altura do quilómetro 2,2 da citada estrada, xusto onde empeza o carril de adiantamento, en sentido Pontevedra.
O coche, un Mitsubishi Pajero, derrubou o valado precipitándose por un pequeno talud ata envorcar nunha pista forestal do lugar de Fragamoreira.
Ata alí acudiu unha ambulancia medicalizada do 061 que trasladou ao condutor ferido leve. Tamén se mobilizaron a Garda Civil de Tráfico, e o servizo de mantemento de estradas da Xunta.
Ningún outro vehículo viuse implicado. O conductor era o único ocupante do todoterreo sinistrado.