Bueu e Caldas estrenan PXOM
Por Redacción
Os concellos de Caldas de Reis e Bueu estrean este xoves Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) tras a celebración en ambos os dous municipios de sendos plenos extraordinarios na xornada do mércores para a aprobación dos documentos a poucos días da entrada en vigor da nova Lei do Solo que, de non aprobarse, faría volver atrás en todo o proceso de tramitación, que nestes concellos se remonta a varios anos.
No caso de Bueu, a aprobación supón poñer fin a seis anos de trámite. Aprobouse cos votos a favor do grupo de goberno, BNG, e de ACB-SON. O grupo do PSOE votou en contra, e os tres concelleiros do PP ausentáronse durante a votación. Segundo informou o Concello a través dun comunicado, o Pleno comezou cunha intervención do alcalde, Félix Juncal, que fixo un chamamento ao consenso dos grupos políticos para aprobar unha "proposta que non satisfai plenamente a ninguén, pero que é a mellor das posibles".
O concelleiro de Urbanismo, Martín Villanueva, indicou que dende que o PXOM empezou a tramitarse no ano 2010 e en xullo de 2013 se aprobou o Plan inicialmente se presentaron un total de 811 alegacións, das que se aprobaron 470. Finalmente o PXOM de Bueu aprobouse provisionalmente, polo que nestes días se preparará a documentación para enviar á Secretaría Xeral de Urbanismo para que revise o documento e poida aprobalo definitivamente, o que ten un período aproximado de dous ou tres meses.
A oposición mostrouse crítica co goberno. José Manuel Vilas, voceiro do PSOE, fundamentou o seu voto en que o plan debería corrixir aspectos para non supoñer a defunción do rural.
Relacionadas:
-
Bueu quere retomar e relanzar a bolsa de solo no PERI da praia de Beluso
Por Redacción |
-
O novo PXOM de Bueu, pendente só da publicación nos boletíns oficiais
Por Redacción |
-
O PXOM de Caldas recibe un novo visto bo
Por Redacción |
-
A Xunta recibe o PXOM de Bueu para a súa aprobación definitiva
Por Redacción |
-
Requiren ao Concello de Caldas de Reis que entregue a documentación que falta no PXOM
Por Redacción |