Coto pechado para os cazadores de gangas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Sesenta comerciantes ofrecen os seus stocks de tempada, ata o vindeiro domingo, no recinto feiral da Xunqueira. Esta mañá inaugurouse Stock Pontevedra, que organizan o Centro Comercial Urbano e Aempe.
Nada máis abrir as súas portas empezou a entrar o público na procura de gangas. A oferta é ampla: textil, calzado, complementos, menaxe do fogar, decoración, alimentación.
A gran maioría son comerciantes da provincia afeitos a visitar feiras de oportunidades pero tamén hai debutantes neste tipo de convocatorias.
Puerto Escondido, Patri Cortés, Look Booky, La gata con botas, Orza Náutica, Inés Marcos, De Rosa, Swaroski, Optica Titanium, Maniotas, Piratas, Ines Marcos, entre outros.
O visitante, tras pagar un euro e medio por entrar, poderá atoparse con traxes de noiva por 500 euros e de madriña por só 25, pantalóns por 12 euros, unhas botas Chiruca por 25, zapatos a 10 euros, un quilo de mel por 6 euros, ou catro pares de calcetíns por 5 euros, por poñer algúns exemplos. Ademais das clásicas promocións de dous por un, ou os descontos de ata o 50%.
O recinto feiral permanecerá aberto ao público en horario ininterrumpido de once da mañá a nove da noite.