O BNG inclúe unha enmenda de 40 millóns de euros para reformar Montecelo no Orzamento da Xunta
Por Oskar Viéitez
A deputada do BNG, Montserrat Prado, presentou as enmendas da súa agrupación política aos Orzamentos da Xunta que inclúen unha partida de 40 millóns de euros para a ampliación e mellora do Hospital de Montecelo. "No BNG mantemos unha aposta pola sanidade pública gratuíta e universal", dixo.
O grupo parlamentario do PP rexeitou as enmendas á totalidade dos Orzamentos para este ano, desde a formación nacionalista insisten en que "estamos totalmente en contra dous ornamentos e do modelo que responde a pun proxecto ideolóxico do PP".
Tras dar ese primeiro paso agora o BNG presenta enmendas parciais que serán debatidas nas respectivas comisións parlamentarias durante o mes de febreiro, antes de que cheguen ao pleno do Parlamento.
"Pódese actuar doutro xeito, cun Goberno ao servizo de Galicia que non é o caso do PP neste momento", sinalou a deputada nacionalista.
Trátase de enmendas que pretenden beneficiar a creación de emprego e apoiar aos sectores produtivos. En canto a infraestructuras, a deputada do BNG propón investimentos na Variante de Alba, a conexión de O Vao, a rolda urbana, "tratase de potenciar a conectividade entre infraestructuras xa feitas".
E finalmente propón unha enmenda dun millón de euros para o Edificio Xudicial da Parda.