Caqui Viñas, propietario da histórica Librería Viñas, pregoeiro do Entroido 2013
Por Alejandro Espiño
"ÿ unha persoa que ten moita historia en relación co entroido e que sempre colaborou desinteresadamente coa festa". Así presentaba o alcalde, Miguel Fernández Lores, ao elixido como pregoeiro do Entroido 2013. Trátase de Caqui Viñas, o propietario da histórica Librería Viñas. "ÿ un referente público e case único do noso entroido. Está encantado de ser o pregoeiro e desde o noso punto de vista merece selo".
"Cando Viñas poñía o escaparate era cando empezaba o entroido", recordou Fernández Lores antes de dar a palabra a un emocionado Caqui Viñas. "Fixéronme a oferta hai case máis dun ano", explicou o flamante pregoeiro. "Daquela non puiden aceptar, pero comprometinme para facelo este ano". Aínda que insistiu no que "o pregón é secreto", Caqui Viñas deixou entrever que haberá unha mención especial ao centenario da morte do Loro Ravachol.
"ÿ unha especie de homenaxe a todas as persoas que sempre colaboraron co Entroido de forma entusiasta e que grazas a elas durante tempos moi duros se mantivo o Entroido en Pontevedra", destacou a concelleira de Festas, Carme dá Silva. "Incluso cando non se podía poner os carteis no escaparate, tíñaos na trastenda". De aí que asegurase que "para nós é unha honra que sexa o pregoeiro do Entroido".
Neste sentido, Caqui Viñas recordou que na época na que o entroido tiña que celebrarse case na clandestinidade. "Aquilo era sensacional", dixo. "Eran case dez días de festa e eu disfrazábame todos os días, facendo traxes diferentes para cada baile". Explica que "ao día seguinte había que ir traballar" e aínda que o seu pai recomendáballe que non fose ao baile a seguinte a noite "o carallo, chegaba a noite e había que ir".
Eran tempos duros, pero Caqui Viñas recórdaos con agarimo. "Cando facíamos os bailes no Mercantil, viña a secreta para pechar o baile, dábamoslle coñac e así aguantaban ata que acabábamos". Aínda que tamén atopaban certos apoios gobernamentais. "Algún gobernador marchaba a Madrid alegando reunións e non pasaba nada e outro se dicía que organizaba os seus propios bailes".
Pero tamén se levou algúns sustos. "Unha noite que ía disfrazado de Frankenstein, unha parella dos grises meteume nun comercio e case me dan unhas labazadas porque non quixen sacar a careta, non entendía que estaba pintado e non podía sacala". Ou a vez que tivo que ir recoller a dous amigos "que ían cantando pola rúa e apareceron dous grises, armaron os fusís e leváronos á comisaría que entón estaba na parte de atrás da Deputación".
En todo caso, o alcalde de Pontevedra agradeceulle que "déralle un contido especial de entroido á reforma urbana", apuntou Miguel Fernández Lores. "Naquela horta urbana de Daniel da Sota cando lle cruzaban polo verde e facíanlle os carreiros puxo unha ovelliña todo o ano para chamar a atención e que respectasen o céspede, pero no Entroido cambiábaa por un ravacholiño que logo tamén o incineraba".
Miguel Fernández Lores, que destacou que o Entroido pontevedrés é unha das festas máis importantes de Pontevedra "e un dos mellores entroidos urbanos de Galicia", invitou finalmente a todos os pontevedreses a participar das múltiples actividades que se recollen nun completo programa "que cada ano colle máis forza con máis iniciativas".