Ponte Caldelas conta cunha nova centenaria
Por Redacción
María Cabanelas Lopo é, a partir de agora, unha das mulleres centenarias que viven no municipio de Ponte Caldelas. E como mandan as tradicións, foi felicitada polo alcalde Andrés Díaz, que agasallouna cun ramo de flores e unha tarta de aniversario.
Tras soprar e apagar as velas da tarta, María Cabanelas, quen conserva todas as súas facultades mentais e é unha gran conversadora, comentou que ten sete fillos, dez netos e outros catro bisnetos, que residen no Brasil.
Para todos eles tivo un especial recordo. "Tiven sete, e a todos dinlle o peito, todo o tempo que puiden. A algúns púidenllelo dar máis que a outros, pero todos tiveron algo", comentou con certo humor.
Tamén se referiu aos anos difíciles da posguerra e ás privacións da época da fame xa que "ás veces non había nin un curruncho de pan para comer. Foi moi duro. Eran outros tempos moi diferentes aos de agora", recordou a muller.
María Cabanelas é natural dunha aldea de Covelo (A Lama), pero é residente en Ponte Caldelas desde hai anos.