O PP esixe ao Concello que desbloquee os terreos para o novo edificio xudicial
Por Redacción
O Partido Popular denuncia que a Consellería de Presidencia "aún no tiene noticias" sobre a parcela necesaria para a construción do novo edificio xudicial de Pontevedra. Asegura o seu voceiro, Jacobo Moreira, que "tras anunciar el final del proceso de expropiación con el habitual triunfalismo con el que celebra cualquier trámite el equipo de Miguel Fernández Lores", os terreos aínda non foron postos a disposición da Xunta.
Jacobo Moreira recorda que este asunto remóntase a maio de 2010, cando se asinou un convenio entre administración autonómica e Concello de Pontevedra mediante o que a primeira comprometíase a construír o novo edificio e o Concello á cesión dos terreos tras a expropiación dos mesmos.
"Tras un largo atasco burocrático con la implicación del Ministerio de Fomento de la anterior administración socialista", matiza Moreira, derivado de que algunha das fincas se vía afectada por un paso elevado da rede ferroviaria, no foi ata o pasado 17 de outubro cando o goberno municipal afirmou, segundo o voceiro popular, que o Concello xa procedera ao pago das expropiacións e que nos seguintes días cederían finalmente os terreos.
Nun comunicado, Jacobo Moreira asegura que tras constatar que os orzamentos autonómicos reservan unha partida de medio millón de euros para a construción do novo edificio, coa redacción do proxecto xa adxudicada, interesouse polo estado dos terreos.
"Cual fue mi sorpresa cuando descubrí que en la Xunta de Galicia no saben nada de la parcela, más de tres meses después de que el Concello anunciara que ya había finalizado el proceso de expropiación", di o portavoz municipal do PP. "Si tiene la propiedad de la finca, como dicen, por qué no informan a la Consellería. La realidad es que pasaron más de dos años y medio desde la firma del convenio y el gobierno de Lores sigue sin cumplir con su palabra".