Bota a andar ao grupo de traballo para "salvar" Castiñeiras
Por Redacción
As comunidades de montes de San Xulián e Santomé valoraron positivamente a proposta do BNG de poñer en marcha un grupo de traballo para "salvar" a Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo e decidiron fixar xa unha data para a primeira toma de contacto. O encontro terá lugar o martes día 8 de marzo na Casa de Cultura e Montes de San Xulián e ao mesmo están convidados tamén os grupos políticos con representación municipal en Marín.
Segundo indica a voceira do BNG Asemblea Aberta, Pilar Blanco, "seguimos firmes na idea de que os representantes municipais non debemos pasar ningunha oportunidade de poder impulsar a recuperación deste área e para elo resulta imprescindible sumar esforzos, algo que ata agora non se fixo".
O BNG non se conforma con que a Xunta compense a perda do Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe cun valado, ou que o Concello de Marín se limite a colaborar e entende que "non podemos deixar a maior área recreativa de todo Galicia unicamente en mans das comunidades de montes".
Na súa opinión, é preciso que as administracións se impliquen, máxime cando o deterioro actual é consecuencia precisamente da súa falta de atención. "Non só non se fixeron novos investimentos senón que se están a perder os que se fixeron", indica, ao tempo que recorda que o BNG xa presentou unha iniciativa parlamentar, que se suma a outras anteriores, solicitando explicacións sobre as razóns do traslado do Centro de Fauna de Cotorredondo a Cotobade e as súas consecuencias económicas para Marín, "algo que a día de hoxe aínda non fixo á alcaldesa".
Esta semana tamén o PSdeG-PSOE levou o tema ao Parlamento de Galicia.
Relacionadas:
-
O BNG levará ao Parlamento o "grave" estado de abandono de Castiñeiras
Por Redacción |
-
A Xunta toma nota das deficiencias do Lago de Castiñeiras despois de facer unha inspección ao parque
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta comprométese a mellorar o ámbito natural de Cotorredondo
Por Redacción |
-
AGE reclama no Parlamento "unha solución satisfactoria" para o parque forestal de Cotorredondo
Por Redacción |
-
O PSOE intenta sen éxito forzar no Parlamento que a Xunta entre na Fundación Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Críticas á marcha do Centro de Fauna Salvaxe de Castiñeiras para Cotobade
Por Redacción |
-
SOS do BNG de Marín para "salvar" o parque do Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Responsabilizan á Xunta do abandono do parque da Lagoa de Castiñeiras e Cotorredondo
Por Redacción |