As políticas do PP adiantan o 8 de marzo: "Tenemos que luchar por que el lenguaje machista desaparezca de la sociedad"
Por Natalia Puga
Alcaldesas, deputadas, concelleiras e a ministra pontevedresa do Partido Popular, a titular de Fomento, Ana Pastor, adiantaron a este sábado a conmemoración do Día Internacional da Muller, que se celebra en todo o mundo o próximo 8 de marzo, e déronse cita na praza de abastos de Pontevedra para "lanzar unha mensaxe unida e unha voz única" coa que reafirmar o seu compromiso cunha causa que consideran que debe ser de todos: "defender a labor da muller e reclamar a igualdade e, en definitiva, a liberdade que nos merecemos".
Tomaron a palabra en nome de todas elas as alcaldesas de Moraña, Mos e Forcarei, a ex rexedora de Ribadumia, a ex conselleira de Facenda e a ministra de Fomento, pero fixérono falando en nome de 62 representantes do PP e reivindicando os dereitos de todas as mulleres.
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, recoñeceu que "é certo que avanzamos moito, que superamos moitos obstáculos que hai anos parecían insalvables", pero pediu que "non debemos conformarnos", mentres a súa homóloga de Forcarei, Belén Cachafeiro, insistiu en que "aínda hai moitas barreiras que atravesar para que a plena igualdade entre mulleres e homes sexa un feito". A pesar de todo, nun manifesto consensuado por todas elas, insistiron en que están "a igualdade é posible" e, para conseguila, "é importante non desviarnos e non dar nin un paso atrás para chegar ao noso obxectivo".
O acto comezou coa lectura dun manifesto ás portas do mercado, pero tivo o seu momento central no interior das propias instalacións, onde as representantes políticas do PP repartiron flores entre todas as traballadoras, e algunhas clientas. A flor elixida foi o 'pensamento' e de quen a quería recibir todas elas era da 'popular' con maior cargo na actualidade, Ana Pastor.
Ana Pastor tivo, ao comezo do acto, un das mensaxes máis reivindicativas, ao cuestionar xa que non sabe "muy bien por qué" ás mulleres asignáronselle ao longo de décadas tarefas como a de facer a compra ou outras polo mero feito de ter un determinado sexo. Considera a ministra que, a pesar de que en España se avanzou moito desde que, non hai tantos anos, as mulleres non podían nin votar ou tiñan que pedir permiso a un home para abrir unha conta no banco, "todavía queda mucho camino que recorrer".
"No queremos ser más que los hombres, pero, desde luego, lo que no queremos es tener menos oportunidades que los hombres"
A educación é unha das pezas nos que debe basearse a loita pola igualdade, tanto na casa como na escola, unha educación na que se ensine aos nenos que todos debemos ter as mesmas oportunidades, poisla igualdad no es decirte que eres igual, la igualdad es que te den oportunidades". Respecto diso, Ana Pastor lembra que a día de hoxe moitas mulleres aínda teñen salarios máis baixos que os homes polo mesmo traballo, a poboación feminina ten unha taxa de paro máis elevada e existe unha secuela contra a que é necesario que loite toda a sociedade, a violencia de xénero.
Na loita pola igualdade Ana Pastor considera fundamentais a educación e a linguaxe, que "en la escuela esa igualdad se ponga en el ADN de todos en este país porque si no la llevamos en el ADN no entenderemos que el nacer mujer no tiene por qué darte peores condiciones de vida". En relación co uso da linguaxe, criticou que aínda segue habéndoo tanto nos medios de comunicación como nas conversacións públicas e privadas e reivindicou que "tenemos que luchar por que ese lenguaje y esos modos que todavía existen desaparezcan de nuestras sociedad".
"No queremos ser más que los hombres, pero, desde luego, lo que no queremos es tener menos oportunidades que los hombres", reivindicou a ministra de Fomento antes de comezar a repartición de flores, e pediu o esforzo de toda a sociedade "por tantas mujeres que todavía hoy no tienen oportunidades".
Relacionadas:
-
O PSOE homenaxeará o 8 de marzo ás milleiros de mulleres "invisibilizadas por adicarse a xestionar o fogar"
Por Redacción |
-
Aurora Marco: "As mulleres conseguiron chegar a ámbitos onde os homes non querían que chegasen"
Por Elena Álvarez Quintá |
-
En busca de iniciativas para conciliar a vida familiar e laboral