O PSOE intenta sen éxito forzar no Parlamento que a Xunta entre na Fundación Lago de Castiñeiras
Por Redacción
O PSdeG-PSOE tentou este venres forzar no Parlamento de Galicia que a Xunta "entrase e participase a través de varias consellerías" na Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo, pero non conseguiu que a súa proposta chegase a bo porto e atopou unha negativa da Administración. En contraposición, o Goberno galego, insistiu en anunciar o traslado do centro de recuperación de fauna silvestre ao Concello de Cotobade.
Os socialistas buscaban defender o espazo natural actualmente adicado á recuperación de fauna silvestre entre concellos de Vilaboa e Marín a través dunha pregunta parlamentaria da súa viceportavoz, Carmen Gallego. A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, respondeulle que Xunta de Galicia non ía entrar no padroado da fundación, segundo informa o PSOE nun comunicado.
Carmen Gallego destacou que Cotorredondo é un espazo que, na actualidade, está unicamente sostido polas comunidades de montes de Marín e Vilaboa e está "gravemente deteriorado", tanto no que atinxe á conservación das estradas como das instalacións construídas, dende o mirador ata os comedeiros dos animais salvaxes, o centro de recuperación da fauna e a aula de conservación da natureza.
Na súa opinión, con planificación, diálogo e un investimento relativamente cativo, poderíase aproveitar o potencial de natureza, turístico e de lecer deste entorno de xeito que reverta en beneficios socio-económicos para os dous concellos.
Relacionadas:
-
O BNG levará ao Parlamento o "grave" estado de abandono de Castiñeiras
Por Redacción |
-
AGE reclama no Parlamento "unha solución satisfactoria" para o parque forestal de Cotorredondo
Por Redacción |
-
Bota a andar ao grupo de traballo para "salvar" Castiñeiras
Por Redacción |
-
Críticas á marcha do Centro de Fauna Salvaxe de Castiñeiras para Cotobade
Por Redacción |
-
SOS do BNG de Marín para "salvar" o parque do Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Responsabilizan á Xunta do abandono do parque da Lagoa de Castiñeiras e Cotorredondo
Por Redacción |