Desestimado o recurso das funerarias pola suspensión de licenzas para crematorios
Por Redacción
A Sección Segunda da sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ditar sentenza desestimando o recurso interposto polas funerarias Pompas Fúnebres e Alianza e Barros contra a suspensión de licenzas para crematorios aprobada polo Concello de Pontevedra.
A suspensión das licenzas foi unha decisión de finais do ano 2012 tomada polo goberno local ante a protesta veciñal xurdida pola presentación de ata cinco proxectos para construír crematorios na cidade.
Segundo informou o goberno local de Pontevedra, o Alto tribunal galego non estima as pretensións dos demandantes que argumentaban a existencia de "vicios de nulidade" pois consideraban que desde o goberno local está a facerse "un premeditado deseño de todo o proceso administrativo para que unha soa sociedade, Funespaña, se faga co monopolio do sector na cidade", o que atenta contra a libre competencia do mercado, e constitúe unha clara fraude da legalidade.
Relacionadas:
-
O TSXG tamén nega a licenza ao crematorio previsto no tanatorio de San Amaro
Por Alejandro Espiño |
-
Funespaña segue adiante co seu proxecto para San Amaro pero estudará alternativas "si nos las presentan"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Moreira pide a Lores que sente a negociar coa plataforma Crematorios Non - Pontevedra Leste
Por Redacción |
-
O Concello denega as licenzas para crematorios en Arcebispo Malvar e Montecelo
Por Oskar Viéitez |