Catorce alumnos converten o Centro de Arte de Sanxenxo nun punto de encontro creativo
Por Redacción
Profesores altamente cualificados e alumnos coa liberdade de acudir a clase con flexibilidade de días e horarios. Iso é o que converteu o Centro Municipal de Arte de Sanxenxo nun taller aberto de produción, ou de creación artística.
Un total de catorce alumnos adultos están inscritos actualmente nel e recoñecen sentirse plenamente identificados cun modelo de ensino que se adapta ás necesidades e demandas de cada un deles, o que lles permite avanzar nos seus estudos e perfeccionar as súas técnicas.
O Centro Municipal de Arte, situado nun amplo e luminoso local no Pazo Emilia Pardo Bazán, abre as súas portas de luns a xoves de 12.00 a 14.00 horas e de 19.30 a 21.30 horas. E cada un dos seus alumnos decide cando acode a clase.
Diego Vites, un dos primeiros profesores do Centro de Arte, volveu a sumarse ao persoal docente e, por tanto, a orientar o traballo dos alumnos, algúns cun marcado gusto pola pintura e outros totalmente profanos nesta disciplina.
"A pintar pódese aprender e é máis sinxelo do que pode parecer", asegura. E para logralo, ten un método tamén sinxelo: comezar por pintar bodegóns e continuar con pinturas que modifiquen a realidade. Unha evolución que tamén se segue na técnica pasando dos carbóns iniciais aos lenzos, e das cores primarias a ampliar a paleta de cores.
E no eficiente deste método coinciden a totalidade dos alumnos. Manuela Martínez é unha das veteranas. A súa traxectoria profesional estivo sempre vinculada á creación pero relegara o seu gusto polo debuxo a un hobby que practicaba na súa casa.
"La pintura siempre ha sido mi vida pero en los tres años que llevo viniendo aquí he aprendido muchísimo". Pero á marxe da aprendizaxe para Manuela Martínez pintar supón un importante complemento vital. "Me falta algo si un día no puedo venir aquí".
O mesmo ocórrelle a Gerardo González, veciño de Portonovo, que recomenda a quen teña un certo gusto pola pintura acudir ao Centro Municipal de Arte. "Recoméndollo totalmente a calquer veciño, non só porque se pode aprender a pintar con máis facilidade da que calquera pensa senón tamén polo bo ambiente que hai e o compañeirismo que temos".
Este aspecto tamén é importante para Sebastián Silva Lema, veciño de Sanxenxo e alumno do centro desde hai sete anos. Mostra con orgullo os seus traballos e a evolución destes anos, nos que pasou de facer debuxo en casa, a lapis, a traballar o óleo e conseguir resultados dos que sente satisfeito.
A Sebastián Silva gústalle participar nas exposicións colectivas que o Centro Municipal de Arte organiza periodicamente porque "me gusta que mi trabajo lo vean otras personas y que lo aprecien". Por iso, non dubida en afirmar que "yo animaría a la gente a venir a estas clases. Los profesores son fantásticos y el ambiente es muy acogedor. Esta actividad es muy enriquecedora".
E nesta análise é coincidente Lidia, veciña de Vilalonga á que a xubilación como docente regaloulle o tempo necesario para dedicalo a unha das afeccións que mantivo ao longo da súa vida. Ela destaca o enriquecedor que resulta que sexa cada alumno quen marque o ritmo de aprendizaxe, dispoñendo dun profesor para aclarar cada dúbida que vaia xurdindo e orientando a evolución, de forma personalizada, de cada alumno.
Para Rosana, veciña de Poio, este é tamén un dos principais avais do Centro Municipal de Arte porque "en otras escuelas los profesores te frenan para que vayas al mismo ritmo que el resto de compañeros y aquí no y eso permite avanzar en métodos distintos y marcarte tu propio calendario de trabajo".
Pero para esta moza, á que lle gustaría poder dedicarse profesionalmente á pintura, un dos aspectos máis importante do Centro Municipal de Arte é o humano. "Esto no es positivo solo por la parte formativa, sino también porque es una fantástica terapia. Pintar en equipo, aprender unos de otros, compartir los temores, y también las dudas es una experiencia muy positiva, que yo recomiendo a quien guste de la pintura y del dibujo".
O Centro Municipal de Arte é, por tanto, unha das principais prioridades da Concellería de Cultura, que dirixe Roberto Carlos Agís. Dous profesores e a incorporación a pasada semana dun bolseiro, conforman o cadro docente desta escola que, ademais de formar adultos ten un espazo formativo propio pensado para os nenos. E ademais, lembran desde o Concello, a inscrición ás clases mantense aberta de forma permanente.