O Arquivo Municipal atendeu máis de 3.000 consultas durante 2015
Por Redacción
É quizais un dos servizos máis descoñecidos polos cidadáns, pero o seu valor é incalculable. Non só como garante da historia da cidade, senón como ferramenta de consulta e investigación. E así, o Arquivo Municipal, actualmente repartido en tres sedes diferentes, atendeu durante o pasado ano 2015 un total de 3.056 consultas.
O balance anual recolle que destas consultas atendidas, 1.825 (case o 60%) foron de cidadáns. Outras 1.151 foron feitas por funcionarios e 80 por órganos de goberno municipal.
No caso das consultas feitas polos órganos de goberno, as relacionadas con obras municipais foron as máis numerosas ao sumar 23, o 28,75% do total; mentres que no caso dos funcionarios, as máis frecuentes tiveron que ver con obras maiores, 235 casos; aperturas, 173 consultas e obras e apertura, 141.
Por último no caso das consultas feitas polos cidadáns, as máis habituais foron as de obras maiores, 634 casos; as relacionadas con aperturas, 325; e as demandas sobre colecciones fotográficas, 104.
O persoal do Arquivo Municipal, un cadro de catro traballadores (técnico superior, técnico medio, administrativo e auxiliar) redactou ademais un total de 158 informes, 53 solicitados polos servizos municipais e 105 por servizos externos ou cidadáns.
Por outra banda, o Arquivo xestionou 70 préstamos novos que xeraron 719 expedientes. 26 destes préstamos que incluían 435 expedientes volveron, e tamén outros 17 expedientes máis de anos anteriores
Tamén se deu cobertura a once investigadores que traballaron sobre distintas cuestións relacionadas coa cidade, se atenderon peticións de documentación municipal para exposicións e facilitáronse copias de documentación coa fin de incluílas en diversas
publicacións.
A memoria do 2015 amosa tamén que un aumento dos fondos do Arquivo xa que neste período chegaron ás súas instalacións un total de 61 follas de remisión de fondos que inclúen 39.021 expedientes, 197 libros e 1 CD chegados dos distintos servizos do Concello de Pontevedra.
Ademais no mes de maio do pasado ano incorporáronse aos fondos municipais o arquivo fotográfico de José Nelson Gómez, 6.000 documentos (negativos e dixitalizacións) que van dende o 1968 ata o 2013 e que recollen a testemuña da vida da cidade e dos pontevedreses neses 35 anos.
A pequena biblioteca de apoio coa que conta o Arquivo suma, tras a incorporación de 19 novos títulos, 4.416 publicacións.
Actualmente, o Arquivo Municipal ten as súas instalacións repartidas entre o soto do edificio municipal de Michelena 30, os baixos do CEIP Froebel e o antigo Conservatorio de Música da rúa Afonso XIII.
Relacionadas:
-
Menos cidadáns e máis investigadores fixeron uso do Arquivo Municipal en 2016
Por Redacción |
-
O colexio Froebel pide o traslado do Arquivo Municipal
Por Redacción |
-
Como se preparou Pontevedra contra Francis Drake? O Arquivo Municipal abre unha exposición ao público
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |