Gómez Rivera deixará o venres a presidencia da Cámara de Comercio
Por Oskar Viéitez
O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, José Antonio Gómez Rivera, presentou formalmente a súa dimisión ao Comité Executivo da entidade. Segundo explicou, faino porque se xubila o 1 de febreiro.
Gómez Rivera ocupaba a presidencia da Cámara "en funcións" substituíndo ao empresario Francisco Moldes, que dimitiu cando apenas levaba un ano á fronte a patronal.
O Comité Executivo da Cámara abordará o calendario para a elección do novo presidente, cargo que quedará vacante aínda que asumirá as súas responsabilidades de xeito provisional o vicepresidente segundo, José Manuel Seoane, antigo director de ENCE Pontevedra.
Mentres tanto a institución pasará a estar tutelada pola Xunta de Galicia. Obrigada a reestruturar o seu modelo de financiamento e as súas funcións, a renovación dos ÿrganos de goberno da Cámara pontevedresa chega nun momento especialmente complicado, con varios procesos xudiciais en marcha, por supostas irregularidades na xestión, ilexitimidade dos seus órganos de goberno e acoso laboral.
Neste último caso, o fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, tomou declaración esta mañá a Mateo Benavides, xefe de prensa da Cámara de Comercio, que foi despedido o pasado 28 de decembro. Esta declaración enmárcase na investigación iniciada a raíz da denuncia presentada por presunto acoso laboral por tres dos catro traballadores despedidos pola Cámara de Comercio.
Relacionadas:
-
Charo Lorenzo e Gómez Rivera, a xuízo por despedir a tres traballadores da Cámara por represalias
Por Natalia Puga |
-
Aplazado o xuízo por despedimento dun traballador da Cámara de Comercio
Por Redacción |
-
Construcuatro vota a Eduardo Barros e, horas despois, dimite do pleno da Cámara
Por Redacción |
-
Eduardo Barros, novo presidente en funcións da Cámara: "No vengo aquí a calentar un sillón, vengo a trabajar"
Por Anxo Lourido |
-
A Cámara só poderá elixir un vicepresidente
Por Oskar Viéitez |
-
Abertas as dilixencias por acoso laboral na Cámara de Comercio
Por Anxo Lourido |
-
Cambian as cerraduras da Cámara de Comercio tras despedir a catro empregados
Por Alejandro Espiño |