O viño italiano alaga as instalacións do CIFP Carlos Oroza
O mundo do viño caracterízase polas diferentes condicións que ofertan as variacións dos seus produtos, destacando a delicadeza e a elegancia como puntos fortes. Así pois, as instalacións do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, acolleron unha cata de viños italianos ofrecidos pola empresa de importación e distribución de produtos alimentarios italianos C.B.G e por Distribucións Monteverde, este martes 23 de febreiro.
A presentación, levada a cabo por unha banda ante a presenza de alumnado e profesorado do centro e por outro ante a presenza de catadores, hostaleiros, expertos de revistas da cidade e do coñecido Francesco Iannelli, chef e dono do restaurante Il Picolo, serviu para dar a coñecer a variedade e calidade dos viños italianos, cunha cata formada por 10 referencias: 3 brancos, 5 tintos e 2 viños doces de zume de uvas branca e tinta.
Greco di Tufo DOCG, Centine Roso Toscana IGT, Campofiorin Rosso del Veronese IGT ou o Beneventano Falanghina IGT, son algúns dos nomes que a empresa C.B.G presentou. Destacan en xeral pola súa calidade, variedade e delicadeza, remarcando el responsable de la distribuidora de productos italianos que "conllevan muchos costes, mucho trabajo".
Por outra banda, Francesco Iannelli destacou que nunha "tierra de vinos" como é Galicia, séntese orgulloso de poder demostrar a calidade dos viños italianos que ás veces "son los grandes desconocidos de estos sectores". Tamén, como consello fundamental aos mozos dedicados á hostalería sinala "la pasión en todo lo que se hace", xa que "la cocina es un mundo muy bonito".