"Stock Pontevedra" ou como baleirar os almacéns comerciais
Por Oskar Viéitez
O recinto ferial de Pontevedra acolle esta fin de semana a feira "Stock Pontevedra".
Xa van once anos con esta feira de oportunidades á que acoden comerciantes para baleirar os seus almacéns.
Nesta ocasión, segundo explicou Miguel Lago, presidente do Centro Comercial Zona Monumental de Pontevedra, participarán 60 empresas, fundamentalmente da provincia.
O prezo da entrada ao recinto é de un euro e medio
A feira, tamén promovida pola organización de empresarios Aempe e o Concello de Pontevedra, abrirá o vindeiro venres e permanecerá aberta ata o domingo, en horario ininterrumpido de 11 a 21 horas. O prezo da entrada ao recinto de 1,5 euro.
O obxectivo é manter o tirón de público do ano pasado, con 18.000 persoas.
Miguel Lago explicou que nesta feira liquídanse verdadeiros stocks por parte de comerciantes con tenda aberta ao público, dispostos a desfacerse da mercancía que lles quedou da tempada de inverno vendéndoa incluso por baixo do seu custo.
Aqueles comerciantes que teñen problemas de stock ou non cumpriron os seus obxectivos instalarán os seus postos no recinto.
A concejala de Promoción económica, Carlota Román, sinalou que este ano está sendo moi malo para o comercio pontevedrés, moi afectado por cuestións como "a suba do IVE, a influencia negativa dos recortes como a supresión da paga extra aos funcionarios ou a liberalización de horarios".