Un concelleiro socialista de Sanxenxo denuncia ante a Garda Civil ao edil de VIPS
Por Oskar Viéitez
O concelleiro do PSdeG-PSOE en Sanxenxo, José Buezas, presentou unha denuncia contra José Luís Rodríguez, concelleiro de VIPS e socio de goberno do Partido Popular neste municipio.
Os feitos denunciados tiveron lugar ao término da sesión plenaria do luns, cando Buezas dirixiuse ao edil para pedirlle explicacións sobre as graves acusacións que este vertera contra el, cualificándolle como o "maior infractor deste Concello".
José Buezas fixo constar na denuncia, que Rodríguez lle recibiu coa advertencia de que "teña coidado cando esteamos a soas", engadindo en ton amenazante un "vouche a cravar". Fai constar tamén na denuncia, que dispón de numerosas testemuñas presenciais do ocorrido a medianoche do luns ás portas do Consistorio.
"ÿ unha vergonza e indigno que este concello teña un representante político que se dedica a ameazar aos demais membros da Corporación. Esperamos que a alcaldesa de Sanxenxo actúe en consecuencia cese de forma automática ao seu socio de goberno e pídalle que deixe a súa acta de concelleira porque é unha deshonra para Sanxenxo", declarou Buezas.