A Xunta revisará o firme na Granxa
Por Redacción
O director da Axencia Galega de Infraestruturas confirmou ao Concello a súa intención de levar a cabo unha auscultación do estado do firme na PO-308, á altura do miradoiro da Granxa. Así llo solicitou a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanessa Rodríguez Búa, tras o último accidente ocorrido neste tramo e que esnaquizou parte da balaustrada no miradoiro da Granxa.
A edil de Seguridade pedía en xaneiro á Xunta unha reposición do firme, similar á que levou a cabo hai uns anos na curva dos Cotos, como unha posible solución para frear o índice de accidentes nesta contorna.
"Puidemos constatar que, do mesmo xeito que ocorría antes nos Cotos, os accidentes adoitan producirse tamén na Granxa cando chove, e entre os dous tramos hai escasos quilómetros o que nos leva a pensar que pode haber un problema de deterioración de firme, por iso é polo que solicitemos á Xunta que envíe aos seus técnicos para facer un estudo pormenorizado do trazado, por se o resultado fose coincidente", sinalou a concelleira.
Desde a Axencia Galega de Infraestruturas non descartan tomar medidas adicionais tras analizar os resultados do estudo que realizarán nas próximas semanas. Para iso, solicitaron tamén á Concellería de Seguridade Cidadana unha listaxe dos accidentes ocorridos no últimos cinco anos no devandito tramo da estrada (entre os puntos quilométricos 11,900 e 12,800).
Respecto da reposición da balaustrada derrubada no accidente, demandada polo Concello de Sanxenxo a principios de xaneiro, o Servizo Provincial dá Axencia Galega de Infraestruturas comunica á administración local que a finais de 2015 asinaron os novos contratos de conservación ordinaria e vialidad invernal, que aseguran por un período de catro anos os medios adecuados para responder a cuestións como este incidente. E engade que xa ten programada a reposición da mencionada balaustrada.