O vindeiro martes comeza na Audiencia o xuízo con xurado polo asasinato de Lupe Jiménez
Por Redacción
O vindeiro martes 16 de febreiro a Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra acollerá o xuízo con xurado polo asasinato de María Luisa Jiménez Jiménez, Lupe.
Diríxese acusación contra a súa José Luis Cortiñas, marido da vítima, en prisión provisional por esta causa desde o 25 de febreiro de 2014. O matrimonio levaba 24 anos de casados. A falecida tiña seis fillos no momento dos feitos, cinco deles menores de idade.
Segundo o escrito de acusación da Fiscalía de Pontevedra o día 23 de febreiro de 2014 o acusado circulaba pola estrada da Coruña acompañado da súa esposa, cando detivo o vehículo nun cruzamento nun monte próximo a Santiago, e "servíndose dunha navalla que previamente preparara a fin de dar morte á súa esposa", procedeu a apuñalala.
Cravoulle a navalla 12 veces na rexión anterior do tórax, 3 veces no pescozo e 1 no pulso, causándolle a morte. Lupe atopábase na quinta semana de xestación, "circunstancia coñecida polo acusado que tiña intención de provocar a inviabilidade do feto".
O Ministerio Fiscal entende que estes feitos son constitutivos dun delito de asasinato coa circunstancia agravante de parentesco, en concurso ideal cun delito de aborto polos que solicita a pena de 20 anos de prisión, con inhabilitación especial para o exercicio da patria potestade durante o tempo da condena.
Ademais a Fiscalía pide ao Tribunal que o acusado indemnice o fillo maior na cantidade de 19.172,54 euros e aos menores na cantidade de 47.931,33 euros cada un pola morte da súa nai.
Con motivo deste suceso a Sociedade Xitana en Galicia, emitira un comunicado o 25 de febreiro de 2014 polo que anunciaba a decisión do consello de anciáns de expulsar aos Cortiñas de Galicia para "evitar baños de sangue" conforme "coa lei xitana". Esta decisión provocou que máis dun centenar familiares residentes en Vigo, Lugo, Ferrol e A Coruña abandonasen a comunidade autónoma.
Relacionadas:
-
Fortes medidas de seguridade para o xuizo polo crime machista de 'Lupe' Jiménez
Por Natalia Puga |
-
Concentración polos tres últimos crimes machistas
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
A familia de 'Lupe' Jiménez pedirá que o seu marido sexa condenado por asasinato con aleivosía
Por Redacción |
-
A Sociedad Gitana recoñece o apoio de Poceiro á familia de 'Lupe' Jiménez
Por Diego Espiño |
-
A Xunta persónase como acusación popular pola morte por violencia de xénero de 'Lupe' Jiménez
Por Oskar Viéitez |
-
O pai de Mari Luz, Juan José Cortés, apoia á familia de Lupe Jiménez ante a Audiencia
Por Redacción |
-
A filla maior da muller de Vilaboa asasinada pola súa parella recollerá sinaturas para esixir cadea perpetua
Por Redacción |
-
Dor en Figueirido: "Nunca se ha visto esto entre gitanos"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Atopan o cadáver da muller desaparecida en Vilaboa tras confesar o seu home o crime
Por Redacción | Creada e actualizada