O voto do público resolverá os concursos de carteis e fotografía da "Festa da Troita"
Por Redacción
As obras presentadas ao concurso de carteis e de fotografía da "Festa da Troita" formarán parte dunha exposición pública no Centro Cultural entre os días 4 e 10 de abril. Nesta exposición os veciños de Ponte Caldelas poderán coñecer os traballos presentados. As obras estarán expostas de maneira anónima, é dicir, non figurarán os datos persoais do autor.
Aqueles veciños que así o desexen poderán emitir un único voto. Terán a condición de elector unicamente as persoas que figuren como alta no padrón municipal de habitantes no día de emisión do voto.
Os modelos de emisión do voto serán facilitados na propia exposición e nas oficinas de rexistro do Concello e deberán de ir debidamente asinados e acompañados da fotocopia do Documento Nacional de Identidade correspondente.
A obra gañadora será a que reciba máis votos. Este sistema de elección será válido unicamente no caso en que se acade un mínimo de 50 veciños votantes. No caso contrario, a elección será levada a cabo por un xurado.
CONCURSO ESCOLAR DE REDACCIÓN
No caso do XV Concurso de Redacción, o contido obrigatorio dos textos deberán virar ao redor dalgún tema relacionado con Ponte Caldelas, tradicións, festas, paisaxes, contos así como sobre o concepto da sustentabilidade.
O prazo de entrega dos orixinais finalizará o 8 de abril e deberán ser entregados na Oficina de Información Xuvenil do Concello (Centro Cultural), ou ben ao profesor que exerza funcións de responsable deste tema no IES de Ponte Caldelas, CEIP da Reigosa ou CEIP Cordo Boullosa.
O premio será a publicación da obra no libro da Festa da Troita, agasallo conmemorativo e unha tableta dixital.
Relacionadas:
-
24 carteis optan a ser a imaxe da 50 edición da Festa da Troita
Por Redacción |
-
A Festa da Troita cumpre 50 anos en plena forma
Por Redacción |
-
Avanzan na organización da III Ruta BTTroita
Por Redacción |
-
A “Festa da Troita” promociónase cun concurso de carteis e outro de fotografía
Por Redacción |
-
A Xuntanza moteira de Ponte Caldelas celebrarase o 21 de maio
Por Redacción |