Educación cede a Casa dos Mestres ao Concello de Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis recibiu da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a desafección de dúas vivendas de mestres na parte baixa de dito edificio situado a carón da casa do Concello.
Ditas instalacións foron solicitadas polo alcalde, Manuel Campos nunha visita realiza polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra José Manuel Cores Tourís.
O motivo de tal solicitude é para ubicar alí as oficinas dos servizos sociais municipais que neste momento se encontran distribuídos polas distintas dependencias do concello, sendo un departamento necesitado de espazo físico.
Con el cambio de ubicación o goberno local ten previsto centralizar o servizo para poder prestar unha mellor atención ao público e que as profesionais que alí traballan o poidan facer de xeito máis personalizado. O concello realizará a limpeza e adecentamento da fachada de dito inmoble.
A concelleira de Servizos Sociais Conchi Campos, xa empezou a traballar neste obxectivo.