Arde un turismo na Autovía do Salnés
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou da participación do Servizo Municipal de Emerxencias na extinción de lume que se produciu no interior dun vehículo.
Sucedeu durante a madrugada deste mércores, o condutor detectou a avaría fortuíta mentres circulaba pola Autovía do Salnés, desviándose á altura de Nantes.
Foi o propio condutor quen alertou ao 112, que deu o aviso ao Servizo Municipal de Emerxencias, que se desprazou inmediatamente ata o lugar para apagar as chamas.
Ao coche, un BMW, queimóuselle o motor e parte do habitáculo. Non houbo feridos.