Detectan 24 positivos por alcol e 3 por drogas nun control de tráfico na Illa de Arousa
Por Redacción
Un control de tráfico despregado o pasado luns na Illa de Arousa realizou 335 probas de alcoholemia, detectando 24 positivos por alcol e 3 por drogas, segundo avanza o xornalista Alfredo López Penide en La Voz de Galicia.
No operativo participaron unha vintena de axentes da Garda Civil.
Entre o máis destacado desta intervención estivo que un condutor embestiu un coche policial camuflado ao tratar de evadir o control policial. Esta persoa deu positivo cunha taxa de alcoholemia de 0,93, catro veces máis que o mínimo permitido o que constitúe un delito contra a seguridade viaria. Ademais non tiña carné, tan só un permiso para conducir ciclomotores do que perdera todos os puntos.
Outra condutora sometida ao control de drogas neste mesmo operativo deu positivo en cannabis, opiáceos, anfetaminas, cocaína e metanfetaminas.
Desde a Dirección Xeral de Tráfico tamén informaron do aumento de controis de velocidade na estrada nacional N-550. No último dispositivo do que se facilitaron datos fixéronse 112 denuncias en só tres horas.