A criminalidade aumentou en Pontevedra durante o 2015
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Interior acaba de facer públicos os últimos datos do balance de riminalidade que no caso do municipio de Pontevedra reflicten un incremento no número de delitos e faltas dun 17,2% con respecto ao ano anterior.
En concreto, na cidade do Lérez denunciáronse un total de 3.451 delitos e faltas.
Especialmente rechamante resulta o número de roubos con violencia e intimidación e os roubos en domicilios. O pasado ano rexistráronse 201 asaltos en vivendas, o dobre que o ano anterior.
Tamén houbo máis furtos, ata un total de 1.390 do 2015.
As faltas e delitos vinculados co tráfico de drogas creceron, pola súa banda, un 23,1%.