O Tribunal Supremo devolve a Vilagarcía os 4,3 millóns do crédito "Luz Salgada"
Por Redacción
O Tribunal Supremo estima o recurso da Xunta anulando a sentenza da Audiencia Nacional que obrigaba a Ravella a devolver o préstamo. O concello de Vilagarcía xa pagou 3,6 millóns e líbrase dos 700.000 euros que quedaban por abonar
A Sala do contencioso-administrativo declarou a nulidade da resolución da Secretaría de Estado de Turismo que acordou a revogación e o reintegro parcial do préstamo de 5.9995.427,32 euros con cargo ao Fondo Financeiro do Estado para a modernización das infraestruturas turísticas (FOMIT) concedido ao Concello de Villagarcía de Arousa para o Proxecto Luz Salgada ao ser ditada por un órgano sen competencia para iso.
A Sección Terceira estima o recurso de casación interposto pola Axencia de Turismo de Galicia que solicitara a nulidade da revogación argumentando que as comunidades autónomas con competencia en materia de turismo deben ser tamén competentes para todas as actuacións de xestión das axudas, co que é a administración autonómica e non a do Estado quen podería, no seu caso, ditar a resolución recorrida.
Este fallo, es firme e contra el non cabe interpoñer recurso algún.