Denuncian o roubo de dúas bicis valoradas en 8.000 euros nun rocho
Por Redacción
A Policía Nacional recibiu na mañá deste martes unha nova denuncia das que os axentes estaban moi afeitos recibir nos últimos meses, pero que ultimamente non eran tan habituais: o roubo de bicicletas gardadas en rochos. Nesta ocasión, as que faltan son dúas bicis valoradas nun total de 8.000 euros.
Os propietarios denunciaron na Comisaría que alguén entrou no rocho do seu edificio na rúa Xoan Carlos I e levou dúas bicicletas de uso profesional, unha valorada en 3.500 euros e outra en 4.500. Para levarllas, forzaron a porta de acceso.
O curioso neste caso é que o roubo se produciu nun edificio de gran tamaño con moitos rochos e tan só entraron a un. Fontes consultadas indican que a hipótese que cobra forza é que os ladróns foron á mantenta a ese rocho porque sabían que os seus donos gardaban alí bicicletas de gran valor.
Nos últimos meses na Comisaría recibíronse decenas de denuncias por roubos de bicicletas gardadas en trasteiros, pero nas últimas semanas rebaixouse o ritmo de roubos.
Relacionadas:
-
Levanta sospeitas cando arrastraba pola rúa unha bicicleta co cadeado posto
Por Oskar Viéitez |
-
Investigan danos en 25 trasteiros da contorna de Loureiro Crespo nunha soa noite
Por Natalia Puga |
-
A voltas cos roubos nos rochos. Agora tocoulle a nove en San Amaro
Por Natalia Puga |
-
Os roubos de bicis rompen as estatísticas: denuncian 80 casos no que vai de ano
Por Natalia Puga |
-
Veciños de Valdecorvos denuncian roubos e danos nos seus rochos
Por Natalia Puga |