Por que non funciona o único ascensor do parking da praza de España?
Por Redacción
O único ascensor de acceso á praza de España desde o parking subterráneo leva varias semanas avariado, xerando críticas entre os clientes, que queren saber o motivo da avaría e por que non se lle busca unha solución. Ante esta situación, o Concello de Pontevedra enviou este venres unha comunicación ao estacionamento solicitando a súa urxente reparación.
Segundo informan desde o Concello, xa son moitas as queixas que chegaron por este motivo dado que é o único modo accesible de poder saír do aparcadoiro, e esta situación está a ocasionar graves problemas ás persoas con mobilidade reducida ou a aquelas que empregan cadeiras de rodas ou bebés.
O Concello está especialmente preocupado nestas datas de Entroido xa que Pontevedra recibe a un grande número de persoas que empregan esta concesión municipal para estacionar os seus vehículos.
No caso de que non se resolva nun prazo razoable de tempo, a Administración local poderá adoptar medidas contra a empresa concesionaria.