Sen "herbas da pampa" no río Gafos
Por Redacción
Os membros da Asociación Vaipolorío dedicaron a xornada do sábado a limpar o río Gafos ao seu paso polo ámbito da Estación de autobuses. Nesa zona desenvolvérase a coñecida como herba da pampa tamén coñecida como cortadera. Esta especie exótica é invasora, procede de Arxentina e expándese con facilidade.
Varios integrantes da asociación que preside Gonzalo Sancho tiveron que realizar un importante esforzo para retirar os exemplares desta especie xa que cando prende as súas raíces se incrustan na terra de xeito moi profunda. O colectivo chegara xa a un acordo coa dirección da Estación de autobuses para que retiren os exemplares de gran volume a través de ferramentas mecánicas. Pola súa banda, o Concello de Pontevedra encargarase do tratamento.
A herba de pampa chegou a España como planta de xardín na década dos oitenta e foise expandindo por toda a comunidade galega.