Unha exposición pictórica na Praza de Abastos para "culturizarnos mientras compramos"
Por Alejandro Espiño
Explorar novas vías para o mercado. ÿ o principal obxectivo que se marcou a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, para dar uso á primeira planta da Praza de Abastos, actualmente infrautilizada. "Queremos darle forma y contenido a un espacio que ahora está muy vacío, acercando al ciudadano otras vías de utilización del mercado", explicou. E empezarán compaxinando a súa actividade económica cun aproveitamiento cultural.
A primeira actividade coa que se pretende dar uso á primeira planta da Praza de Abastos será unha exposición do artista vigués Alberto Badía. Trátase de Vietnam in my hands, Camboya in my eyes, unha colección pictórica que reflicte a viaxe de tres meses que este pintor realizou a estes dous países asiáticos. Poderase visitar entre o 2 e o 16 de febreiro en horario de luns a sábado de 9.00 a 14.00 horas.
O propio artista foi o que solicitou expoñer na Praza de Abastos. "Me llamó la atención porque en mi viaje visité muchos mercados y me quedé prendido de su colorido", afirmou un Alberto Badía que presenta unha mostra "en la que intenté reflejar mis vivencias, para que la gente vea en las obras lo que yo viví allí". Será a través de 16 obras que representan "momentos congelados" desa estancia en Vietnam e Camboya.
Os cadros situaranse no interior das casetas que están libres na primeira planta do mercado, compaxinando a actividade das placeiras que continúan alí. "Queremos que la gente adquiera la cultura de que se puede convivir con algo así", dixo Carlota Román, que asegurou que esta experiencia serviralle para "ver cómo funciona" este tipo de iniciativas para dinamizar o mercado.
Neste sentido, pediu a colaboración das placeiras "para que entre todos podamos hacer actividades que ayuden a aumentar la afluencia de gente a la plaza". En todo caso, reiterou que "sí o sí" buscaranse novos usos á primeira planta de forma que poidan convivir ambas actividades. "Nos culturizaremos mientras compramos y comemos", concluíu.
A inauguración da exposición, o sábado 2 de febreiro ás 12:30 horas, contará ademais coa proxección dun video documental, a modo de resumo das vivencias do artista, e dunha actuación musical en vivo de Gonzalo Arca, exvocalista do grupo Sugar Mountain. Ademais, poñerase á venda un catálogo da exposición que, como actividade solidaria, recaudará fondos para a Asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra.