O campo segue pendente das axudas de Europa
Por Oskar Viéitez
"A nivel urbano hai un descoñecemento xeneralizado do que é a Política Agraria Común" reconoce la técnico de Unións Agrarias, Paula Conte, que fixo un resume da campaña levada a cabo no último ano para falar do PAC "a primeira política común e base da Unión Europea" con motivo do 50 aniversario da mesma.
Este sindicato quere "desmitificar" a idea de que os agricultores reciben moitas axudas públicas. Javier Iglesias, voceiro de Unións Agrarias entende que é fundamental que a xente allea ao campo saiba que, as da Unión Europea son ás únicas axudas que reciben e son para compensar aos agricultores e gandeiros pola perda de competitividade ao practicar métodos tradicionais, que ademáis "garanten a seguridade alimentaria e funcións sociais e medioambientais non medio rural".
Mentres tanto a Unión Europea segue sen determinar a reforma financeira da política agraria común, unha das súas principais partidas de gasto e cuxo horizonte para os próximos sete anos segue sen despexarse.
A estratexia de axudas parece orientarse no futuro á superficie e non á produción. Un cambio de rumbo avalado pola canciller alemana Angela Merkel e polas grandes industrias agroalimentarias.
Pola súa banda os pequenos agricultores e ganaderos reclaman unha reorientación das axudas encamiñada a protexer a actividade na orixe da cadea de valor.