Unha vintena de empresas, interesadas en musealizar os castros da provincia
Por Redacción
Técnicos da Deputación acompañaron este mércores a los responsables de case unha vintena de empresas que se interesaron sobre o concurso que licitou a institución provincial para musealizar os dezaoito xacementos castrexos da provincia. Foi durante o transcurso dun percorrido que todos eles protagonizaron por Monte Castro (Ribadumia), A Lanzada (Sanxenxo) y Adro Vello (O Grove).
Esta visita, xunto a que se fará o día 15 ao castro de Santa Tegra, estaba contemplada no concurso público convocado polo Ministerio de Fomento para o proxecto de ideas das obras de restauración e musealización dos 18 xacementos galaico-romanos da provincia.
Este concurso, dotado de 266.000 euros, publicado no Boletín Oficial do Estado o pasado 22 de decembro, ten como finalidade a idea global e a descrición das actuacións necesarias para a recuperación e valorización do conxunto dos xacementos castrexos como unha estratexia de promoción turística provincial e educativa.
Estes 18 xacementos son os contemplados no convenio firmado pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento o pasado ano 2015 para a súa escavación e recuperación.
En concreto, trátase dos castros de Santa Tegra (A Guarda), Alobre (Vilagarcía), Facho de Donón (Cangas), A Lanzada (Sanxenxo), Porta de Arcos (Rodeiro), Mercado dos Mouros (Valga), Igrexa Vella (Valga), Monte do Castro (Ribadumia), Adro Vello (O Grove), Castro de Troña (Ponteareas), A Cabeziña (Oia), Castrolandín (Cuntis), Alto da Cruz do Castro (Cotobade), Catro de Subidá (Marín), Castro de Toiriz (Silleda), Coto de Altamira (As Neves), Alto dos Cubos (Tui) e Castro de Penalba (Campo Lameiro).
As empresas interesadas teñen de prazo ata o próximo día 11 de febreiro para a presentación de ofertas que deben contemplar aspectos como a limpeza, o mantemento e conservacións das estruturas dos castros, a sinalización dos xacementos, a difusión e a promoción coa creación dunha ruta cun marcado carácter lúdico e educativo, e a musealización e a dixitalización cunha recreación en 3D de todo o espazo dos xacementos.
En total, o proxecto posterior de obras de restauración e musealización ten un orzamento estimado de máis de catro millóns de euros o que supón un orzamento de execución material por castro de 156.000 euros.
Relacionadas:
-
Comezan os traballos para conservar a escavación do Monte do Castro, en Ribadumia
Por Redacción |
-
O xacemento de Castrolandín agarda a súa posta en valor
Por Redacción |
-
A Deputación paraliza as actuacións nos castros da provincia polo "absoluto deixamento" de Fomento
Por Redacción |
-
Fomento e Deputación cítanse en Madrid para desbloquear a posta en valor dos castros
Por Redacción |
-
Fomento paraliza a musealización de 18 castros apelando á falta de Goberno en Madrid
Por Alejandro Espiño |
-
O achado dun forno no xacemento de Castro Alobre revela novos espazos adicados a fins produtivos
Por Redacción |
-
Un mes de descubrimentos no castro de Alobre
Por Redacción |
-
Inician catro meses de escavacións no Castro de Alobre
Por Redacción |
-
A Deputación intervirá na recuperación de 18 xacementos arqueolóxicos
Por Redacción |
-
12 persoas retomarán en febreiro as escavacións de Castro Alobre
Por Redacción |
-
Carmela Silva mediará con Fomento para incluír Castrolandín nos xacementos a recuperar
Por Redacción |