Para que non se vexa o plumeiro
Por Oskar Viéitez
Os plumeiros, carrizos ou herbas da Pampa son unha especie invasora que se estendeu de forma espectacular pola provincia de Pontevedra durante os últimos anos. Os plumeiros compiten coas especies autóctonas e empobrecen a paisaxe.
Son un exemplo de supervivencia, soportan perfectamente a seca e as xeadas invernais. Os coches son os mellores polinizadores, en parte porque adoita crecer a beira da estrada, pois en cada un dos seus plumeiros escóndense máis de 100.000 sementes que se propagan con facilidade.
Tras unha serie de intentos chafados polo mal tempo, o colectivo ecoloxista Vaipolorío, volverá intentar este sábado 26 xaneiro unha saída para arrincar con medios mecánicos os exemplares desta especie invasora que están situados nas beiras do río Gafos á altura da estación de autobuses.
Retirarán os pequenos exemplares tal e como se pactou nun acordo pechado entre os responsables da Estación de autobuses, que retiraron os exemplares de gran volume, e o Concello de Pontevedra, que se encarga do seu tratamento.
A cita é ás dez da mañá ante a estación de autobuses de Pontevedra.
Para todos aqueles que se apunten unha recomendación: levar luvas.