Un peiteado a cambio de dous cartóns de leite
Por Oskar Viéitez
Moitos pontevedreses sorprendéronse este mércores ante a cola de clientas que agardaban á porta da perruquería Cindarella, na rúa Rúa Nova de Arriba.
Era a resposta cidadá á iniciativa solidaria posta en marcha pola nai dun alumno do colexio Froebel, que traballa nesta perruquería: Facer un día de peiteado de balde a cambio de dous cartóns de leite.
Segundo explicou, a idea xurdiu o pasado mes de decembro conversando cunha clienta "comentabamos a gran cantidade de actos solidarios que había, e a pena que era que rematasen co Nadal".
Así que decididas a continuar cos bos propósitos máis aló do turrón e as uvas, organizaron esta iniciativa a favor da ONG Mira Pontevedra.
A través do Colexio do seu fillo puxéronse en contacto co ANPA que actuou de altofalante dando difusión ao proxecto. O día elixido, foi o mércores 23. O resultado, un completo éxito. Tanto que houbo que pedir reforzos a outra peluquera que veu desde Campo Lameiro a "botar un peine".
Porque ese era o trato, un peiteado a cambio de dous cartones de leite, quedaban excluídos tratamentos específicos, tintes, mechas ou similares.
Aínda que a xenerosidade das clientas non se limitou aos tetra bricks e tamén regalaron cacao, galletas ou latas de conserva.
A satisfacción polo resultado e o "bo rollo que dá facer cousas boas" animou a estas perruqueiras a repetir a experiencia. Así que, atentas ao mes de febreiro.