Rajoy, de xestións por Pontevedra durante un relaxado paseo
Por Redacción & Cristina Saiz
Apenas dúas semanas despois do seu último paseo por Pontevedra, que finalizou coa súa agresión por parte dun mozo, Mariano Rajoy volveu a pisar as rúas da súa cidade.
Tras aterrar onte á noite en Sanxenxo, localidade onde pasará xunto á súa familia as festas do Nadal, o presidente do Goberno en funcións aproveitou esta chuviosa mañá do mércores para facer unhas xestións bancarias en Pontevedra.
Custodiado polos seus escoltas persoais, a Rajoy púidoselle ver nas inmediacións da rúa Gutiérrez Mellado.
A pesar da seguridade que lle rodea, o dirixente popular achegouse a saudar a numerosas persoas que se lle aproximaron durante o paseo e non dubidou en facerse fotos con aqueles que llo solicitaron.
Rajoy, que vestía unha vestimenta informal -xersei, pantalóns vaqueiros e gabardina-, chegou a Pontevedra despois de dar o seu habitual paseo pola Ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia que, nesta ocasión, realizou en solitario. Onte á noite acudiu, xunto á súa muller e os seus dous fillos, ata o club Náutico de Sanxenxo, tras deixarse ver polo paseo de Silgar e o porto deportivo.
Todo apunta a que o presidente do Goberno estará cinco días en Galicia. Aquí quedará ata o seu regreso a Madrid, previsto inicialmente para o vindeiro domingo.
Relacionadas:
-
Rajoy regresará a Pontevedra para pasar o Fin de Ano coa súa familia
Por Redacción |
-
VIDEO.- Chuvia de euros na cafetería California, onde toma café Rajoy cando está en Sanxenxo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Un menor agride a Rajoy durante o seu paseo electoral en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada