Extraballadores do Grupo Álvarez reclaman o pago dos terreos
Por Oskar Viéitez
Un grupo de extraballadores do Grupo de Empresas Álvarez (GEA), na comarca de Pontevedra, acudiron ata A Coruña para reclamar os seus cartos ante as oficinas da Inmobiliaria Subel, propiedade do Grupo Azkar.
Reclaman o pago de 300.000 euros como adianto do total da cuantía económica que aínda hoxe lles adebeda a inmobiliaria pola venda dos terreos de Coruxo e Cabral onde asentábanse as antigas fábricas de Álvarez.
Os afectados están acompañados polos Secretarios Comarcais da CIG de Pontevedra, Rafael Iglesias, e de Vigo, Serafín Otero.
Iglesias criticou duramente a negativa do grupo empresarial a entregar este adianto e recordou que os traballadores de Álvarez levan case 13 anos esperando cobrar as cuantías que legalmente lles corresponden.
A crise do Grupo GEA remóntase ao ano 2001 cando pecha a fábrica e o patrimonio é adquirido en poxa xudicial polos traballadores.
Os representantes da CIG xestionaron os terreos de Cabral e Coruxo, que foron vendidos a Inversiones Subel. Por entón, a parcela estaba cualificada como chan industrial, pero no último PXOM de Vigo foi recalificada como urbana.
Subel pagou unha parte do valor industrial, pero aos afectados réstalles por cobrar a diferenza ata o valor total dos terreos recalificados.